Presentación

Os integrantes do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses estamos conmocionados, como o resto dos cidadáns, coa crise que vivimos a consecuencia da COVID 19, a pandemia que xera o coronavirus 2 da síndrome respiratoria aguda grave (SARS-CoV-2).
Conscientes da excepcional conxuntura histórica que vivimos, algúns numerarios e colaboradores debatemos sobre que contribución poderíamos realizar á sociedade, coherente coa natureza da nosa institución, dedicada ao estudo, reflexión e divulgación sobre a  nosa cidade e contorna. Decidimos construír unha crónica do que observamos, reflexionamos e sentimos nestes difíciles días. Testemuñas que recolleremos neste modesto blog:
Unha canle de comunicación extraordinaria que valoramos de forma especial, pois a nosa páxina web non está operativa desde xaneiro deste ano.
 Facemos público o blog o domingo 29 de marzo de 2020 con artigos (posts) iniciais e iremos colgando novas achegas en días sucesivos. Nese sentido, animamos ás persoas interesadas en participar a enviarnos os seus textos (que non superen as 1000 palabras) ao correo: xacfraga@gmail.com.

Xosé A. Fraga, director do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses