martes, 31 de marzo de 2020
luns, 30 de marzo de 2020
sábado, 28 de marzo de 2020
venres, 27 de marzo de 2020
xoves, 26 de marzo de 2020
luns, 23 de marzo de 2020
PRESENTACIÓN
Os
integrantes do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses estamos conmocionados,
como o resto dos cidadáns, coa crise que vivimos a consecuencia da COVID 19, a pandemia
que xera o coronavirus 2 da síndrome respiratoria
aguda grave (SARS-CoV-2).
Conscientes
da excepcional conxuntura histórica que vivimos, algúns numerarios e
colaboradores debatemos sobre que contribución poderíamos realizar á sociedade,
coherente coa natureza da nosa institución, dedicada ao estudo, reflexión e
divulgación sobre a nosa cidade e contorna. Decidimos construír unha
crónica do que observamos, reflexionamos e sentimos nestes difíciles días.
Testemuñas que recolleremos neste modesto blog:
Unha canle de
comunicación extraordinaria que valoramos de forma especial, pois a nosa páxina
web non está operativa desde xaneiro deste ano.
Facemos
público o blog o domingo 29 de marzo de 2020 con artigos (posts) iniciais e
iremos colgando novas achegas en días sucesivos. Nese sentido, animamos ás
persoas interesadas en participar a enviarnos os seus textos (que non superen
as 1000 palabras) ao correo: xacfraga@gmail.com.
Xosé
A. Fraga, director do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)